Este sábado 15 de novembro celébrase na Casa Forestal de Baroña unha xornada sobre transformación de madeira

14 Novembro 2025

Porto do Son, e máis concretamente a parroquia de Baroña, convértese ested sábado no epicentro do aproveitamento forestal innovador cun evento único centrado na sustentabilidade e o autoabastecemento de madeira local.

O sábado 15 de novembro, o sector forestal galego ten unha cita ineludíbel na Casa Forestal de Baroña, Porto do Son.

A partir das 11.30 da mañá, celebraranse unhas interesantes Xornadas de Aproveitamento da Madeira que poñerán o foco no uso dos modernos serradoiros portátiles.

Segundo explican dende a organización do evento, “esta tecnoloxía emerxente está a revolucionar a forma en que propietarios de montes, pequenas empresas e comunidades xestionan os seus recursos, permitindo transformar troncos en madeira de construción ou para usos propios a pé de monte, minimizando custos e optimizando o valioso recurso forestal”.

O evento, de carácter demostrativo e formativo, preséntase como “unha oportunidade clave para entender como a maquinaria portátil está a democratizar o acceso á transformación da madeira”, sinalan dende a organización, engadindo que as persoas asistentes poderán ver en acción estes equipos, coñecer a súa eficiencia e debater con expertos sobre modelos de negocio circulares e de proximidade.

A cita será ás 11:30h.

Para máis información podemos chamar ao teléfono 633 433 778 ou escribir a contacto@timbertools.es

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.