Noia rende homenaxe á banda deseñada coa celebración (até o domingo) de V de Viñetas

28 Novembro 2025

O LIceo de Noia vai acoller esta fin de semana, entre hoxe venres e o domingo 30 de novembro, o certame V de Viñetas: unha fin de semana chea de banda deseñada, humor gráfico, obradoiros, encontros con autores e moita creatividade. A axenda comezará este venres cun Concerto Viñeteiro da Banda de Música de Noia, ás 21.30 horas, e proseguirá este sábado con dous obradoiros pola mañá (Mundo Animal dos Banainas e A Pequena Xenio con Álvaro Ortiz) e co concurso para adultos HaHeHiHoHu!, que proseguirá pola tarde. Tamén está previsto pola tarde, a partir das 17.30 horas, encontros con Fran Jaraba e con Antonio Altarriba, que asinarán exemplares dos seus libros xunto con Álvaro Ortiz e Luis Davila.

O domingo 30 inclúe un encontro creativo con Álvaro Ortiz (de 11:45 a 12:30) e a presentación do cómic Presas Fáciles con Miguelanxo Prado (de 12:30 a 13:10). Tamén está prevista a entrega de premios do concurso HaHeHiHoHu!, ás 13:10.

Sinaturas de Miguelanxo Prado, Fran Jaraba, Álvaro Ortiz, Antonio Altarriba, Lucía Cid, Iria Aldegunde e Pablo Carreiro – 13:15 a 14:15.

Os visitantes tamén poderán ver exposicións de obras de Fran Jaraba, Álvaro Ortiz, Antonio Altarriba e orixinais de Luis Davila “O Bichero”.

Renderase unha omenaxe a Akira Toriyama e, ademais, estarán dispoñíbeis tendas e librarías especializadas durante toda a fin de semana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.