Noia acolle este sábado o Concerto na honra de Santa Cecilia e a seguinte “finde” a XLVIII Semana Musical

13 Novembro 2025

Noia vai ter un mes de novembro de recitais e concertos. A música será protagonista con dúas fins de semana chea de actuacións para todos os públicos:

Por unha banda veciños e visitantes poderán gozar do Concerto na honra de Santa Cecilia, organizado pola Sociedade Liceo de Noia. Será este sábado 15 de novembro ás 20:00 h, a cargo da Banda de Música de Noia (con entrada libre).

Por outra banda cómpre destacar a celebración da XLVIII Semana Musical de Noia, que se celebra na Igrexa de San Martiño a vindeira fin de semana, o venres 21, o sábado 22 e o domingo 23 de novembro. Será, en palabras do Concello, “unha cita especial coa música coral e instrumental, con actuacións do Conservatorio Municipal, corais polifónicas e dúos locais”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.