Muros recibirá a visita da política e activista palestina Hanan Kaoud

09 Novembro 2025

A palestina Hanan Kaoud, concelleira de Ramala (Cisxordania) e experta en xénero, visitará Muros esta semana.

A visita forma parte dunha actividade do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Muros forma parte e onde está representado por Laura Rivadeneira.

O mércores 12 ás 17:00h no Local Social de Sorribos (Abelleira), celebrarase unha charla-café con Hanan Kaoud, que falará “da voz resiliente das mulleres palestinas” e conversará con todas as persoas asistentes.

“Será unha honra e un pracer ter en Muros a Hanan Kaoud, unha muller moi valente que é testemuña do xenocidio que sufre Palestina por parte de Israel”, asegurou a alcaldesa, María Lago, que convidou “a toda a veciñanza a escoitar e falar con Hanan”.

“Calquera pode imaxinar o difícil que é exercer a política en Palestina e sendo muller”, afirma Laura Rivadeneira, “polo que Hanan é un exemplo de dignidade e loita polos Dereitos Humanos”.

Hanan Kaoud forma parte das conferenciantes de Europa, África, América Latina e o Mediterráneo que interviron os días pasados no programa de Les Elegides de Mallorca.

María Lago e Laura Rivadeneira estiveron presentes neste foro a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e tiveron a oportunidade de conversar con Hanan Kaoud da súa visita a Galicia e concello muradán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.