O Concello de Muros fixo pública a resolución provisional das axudas dirixidas a entidades para a realización de actividades culturais no Concello de Muros.
As axudas son para a asociación local inclusiva ADISBISMUR (obradoiro de dinámicas grupais); AF Ximiela (obradoiros de música, canto e baile tradicional); ACRD Cabanas (actividades 2025); AC A Ponte Vella (sábados interxeneracionais); AAVV A Ostreira (mantemento anual galeón); A Mar de Muros (conservación e difusión do patrimonio marítimo muradán), e AF Xeitura (intercambio cultural a outras comunidades).
Tamén reciben axudas A Agrocovo de Esteiro (actividades de música e baile tradicional); ACDRM Rumial (pola actividade Campo de cortés: do cea á terra); SC Montelouro (aulas de canto coral); AMT Abelleira (III Foliada Abelleira); AX D’Jarana ( pola mostra-taller bailes urbanos), e Coral Don Diego de Muros (encontro corais e equipamento para homes).
“Muros ten un forte tecido cultural en todas as súas parroquias e desde o concello temos que apoiar ás entidades e conceder estas axudas para as súas actividades”, asegura Caridad González, concelleira de Cultura.
Quen desexe máis información, tena no taboleiro de anuncios do Concello de Muros.






