Martiño Noriega presenta en Rianxo este venres “Os médicos tamén enferman”

18 Novembro 2025

Este venres 21 de novembro o Auditorio de Rianxo acollerá a presentación do libro Os médicos tamén enferman de Martiño Noriega, a partir das 21.00 horas no primeiro andar do Auditorio. Contarase coa presenza do autor e tamén de José Ramón Alonso Fernández (avogado e ex-secretario da Administración local), Henrique Alvarellos (editor) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).

Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois en Santiago de Compostela, Martiño Noriega regresou á súa profesión, a Medicina. Os médicos tamén enferman é unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.

Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-COVID, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.

“Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos de sobreexposición pública”, afirma no limiar do libro, engadindo que “na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron desa escoita atenta que pode ser parte da cura”.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.