O temporal deixa este martes 4, San Carlos Borromeo, choivas intensas e vento forte en Galicia. Vento do sur, forza 7 no litoral atlántico con intervalos de 8 entre Silleiro e Sisargas en mar aberto.
Galicia quedará este martes baixo a influencia das borrascas atlánticas, que enviarán sucesivas frontes ao longo da xornada, segundo o pronóstico de MeteoGalicia.

Agárdanse ceos nubrados con chuvias, máis persistentes e intensas na metade oeste durante o día, e que pola noite se irán xeneralizando a todo o territorio.
As temperaturas mínimas experimentarán un notable ascenso, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos ou con lixeiros aumentos.
O vento soprará forte e persistente do sur, con refachos moi fortes no litoral da provincia da Coruña e nas zonas de montaña, onde se espera maior intensidade debido á chegada das frontes atlánticas.

O noso mar: Vento do sur, forza 5 a 7 á mañá e 6 a 8 á tarde e á noite. Media vaga á mañá e vaga á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.



