Marisol Díaz fai un chamamento á mocidade para participar no concurso ParqueVibras

21 Novembro 2025

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, estivo este venres 21 en Ribeira, no Parque Natural de Corrubedo, onde convidou ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) a participar na segunda edición do concurso #ParqueVibras coa creación de vídeos orixinais para redes sociais sobre o patrimonio natural galego.

En concreto, esta iniciativa que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático puxo en marcha o pasado curso ten como obxectivo “que o alumnado cree contido para Instagram, TikTok ou YouTube centrado ou inspirado nalgún dos seis parques naturais de Galicia, ou sexa, os parques das Fragas do Eume; Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Monte Aloia; Baixa Limia-Serra do Xurés; O Invernadeiro; e Enciña da Lastra.

A directora xeral indicou que aínda que a temática terá que estar relacionada coa Rede de parques naturais de Galicia e cos seus valores ambientais, culturais e/ou sociais, os participantes terán liberdade para xestionar os contidos, que poderán incluír imaxes dalgunha ruta peonil, bailes, gráficos ou memes, entre outros elementos.

Segundo explicou Marisol Díaz, o prazo para poder inscribirse neste concurso—de forma individual ou en grupo— xa está aberto e permanecerá así ata o próximo 19 de decembro. Os vídeos propostos deberán incluír no momento da súa publicación en calquera das tres redes sinaladas os seguintes cancelos obrigatorios: #ParqueVibras e #GaliciaCalidade. A data límite para enviar os vídeos será o 6 de febreiro.

Haberá un máximo de cinco premios: un por provincia e outro para o vídeo máis viral. En caso de que este último coincida con algún dos anteriores, só se entregarían catro galardóns. O 27 de febreiro daranse a coñecer os finalistas e a partir de aí escolleranse os vídeos premiados. O concurso finalizará cunha gala de entrega de galardóns prevista para comezos do mes de abril e os gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para todos os alumnos da súa clase a un parque natural da Comunidade.

Durante a súa intervención, Marisol Díaz puxo en valor “a boa acollida que tivo esta iniciativa na súa primeira edición”. En concreto, participaron 56 equipos de 26 centros educativos, implicando a máis de 500 alumnos. E o alcance foi de máis de 166.000 visualizacións, 8.300 likes e preto de 600 comentarios. Deste xeito, segundo dixo a directora xeral, as alumnas e alumnos convértense nos mellores influentes do patrimonio natural galego.

Seguindo este fío, salientou a importancia deste tipo de actividades, que animan a participar á xuventude apelando ao seu lado máis creativo e aos seus coñecementos sobre as redes sociais, para implicar e concienciar aos máis novos sobre a riqueza dos espazos naturais e da biodiversidade de Galicia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...