Máis dun cento de persoas xa participaron na enquisa do servizo de lixo de Rianxo

18 Novembro 2025

Máis de un cento de persoas xa participaron na enquisa cidadá impulsada polo Concello de Rianxo para acadar o mellor servizo posíbel de recollida do lixo e limpeza viaria.

Esta iniciativa enmárcase no proceso de renovación completa do servizo que pretende levar a cabo o Executivo de Julián Bustelo nos vindeiros meses. “Antes do remate da lexislatura queremos ter renovado por completo o servizo, mellorando o parque de colectores, mellorando as rutas de recollida e incorporando as esixencias da normativa estatal aprobada recentemente”, sinalou o alcalde.

A enquisa foi posta en marcha para, en palabras do Concello, “saber máis sobre os hábitos, coñecementos e necesidades da cidadanía en relación con este servizo”.

“Será un intenso proceso para dotarnos dun servizo eficaz e eficiente, tanto no eido económico como no eido da sustentabilidade, no que ademais queremos contar coa participación directa da veciñanza”, engadiu Bustelo, apuntando que a enquisa xa está dispoñíbel para a cidadanía na Rede.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...