Gran acollida do Camiño da Ría de Muros Noia no Fórum Fairway do Camiño de Santiago

11 Novembro 2025

O Camiño da Ría de Muros Noia acadou unha gran acollida no sexto Fórum do Camiño de Santiago “Fairway”, que se clausura hoxe na Cidade da Cultura de Galicia. Trátase dun encontro profesional no que a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia destacou por dar a coñecer un novo concepto de ruta xacobea: o Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia, integrado ademais na prestixiosa Vía Querinissima, itinerario cultural europeo en proceso de recoñecemento oficial.

O presidente da Asociación, Luís Oujo, subliñou “o respaldo internacional que supuxo a presenza en Fairway de representantes de tres delegacións internacionais de Italia, Noruega e Suecia, que viñeron promover a candidatura da Vía Querinissima como Itinerario Cultural Europeo e poñer en valor que este itinerario, que implica a máis dunha decena de países, conte cun tramo do Camiño de Santiago que permite obter a Compostela”.

Pola súa parte, o responsable de comunicación da Asociación, José Antonio Marcote, destacou “o gran interese espertado polo Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia entre os máis de corenta touroperadores, axencias de viaxes e centrais de reservas especializadas no Camiño de Santiago a nivel internacional presentes en Fairway”.


Segundo Marcote, “uns poñen o énfase na orixinalidade da proposta, outros valoran a recuperación dunha forma de peregrinación a vela propia doutros séculos, e tamén hai quen se interesa pola vinculación da nosa ruta cun itinerario europeo como é a Vía Querinissima”.

A integración deste tramo galego na ruta europea foi reforzada coa visita dunha ampla delegación internacional do Véneto (Italia), Nordland (Noruega) e Västra Götaland (Suecia), acompañada por representantes da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña e da propia Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros Noia.

Durante o encontro, as delegacións coñeceron que o Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia permite peregrinar a Santiago a través dunha ría e de portos cunha profunda tradición xacobea, especialmente o de Noia, que no seu momento foi coñecido como o Portus Apostoli de Compostela. A travesía lembra o percorrido de milleiros de peregrinos desde a Segunda Cruzada, entre eles o navegante veneciano Pietro Querini, en outubro de 1431.

Recoñecido oficialmente polo Cabido Catedralicio de Santiago, o itinerario permite obter a Compostela completando 100 millas náuticas en veleiro, selando a credencial do peregrino nos portos indicados e camiñando, cando menos, os 12 últimos quilómetros entre Bertamiráns e Santiago.

A Vía Querinissima é unha ruta marítima e terrestre que atravesa Creta, as costas de España e Portugal, e continúa por Noruega, Suecia, Inglaterra, Alemaña, Suíza e Austria, ata chegar a Venecia. O tramo galego deste itinerario está representado polo Camiño da Ría de Muros Noia, que gaña así proxección internacional como ruta xacobea de referencia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.