Federico Pérez visita este venres Boiro co seu espectáculo “Xa que o sabes, voucho contar”

05 Novembro 2025

Este venres 7 de novembro haberá teatro para público adulto en Boiro. Será ás 21.00 horas no Centro Social de Abanqueiro. Trátase do espectáculo Xa que o sabes, voucho contar (e cantar), un monólogo de Federico Pérez. As entradas poden adquirirse na billeteira dende unha hora antes da función.

Sinopse

Cando pensamos que o sabemos todo, igual é o momento de pensar que non temos nin idea. Ou igual a nosa versión dos feitos non é a única boa. É máis, igual é a peor versión de todas. Que quero dicir con isto? Non o sei. Pero estame gustando escribilo.

Este espectáculo pretende rirse de si mesmo e de que a xente ría con el. Vaia novidade, non? Un espectáculo de humor para que a xente ría. Pois si. Que pasa? Este espectáculo é a miña versión dos feitos. E de que feitos estou falando? Pois estou falando de cando eu nacín, de como me criei, da miña nai, de meu pai, de miña avoa, do lugar no que medrei, de onde estou agora e, sobre todo, do lugar ao que, seguro, vou chegar: a morte.

Vou contar todo isto e tamén o vou cantar. Porque me gusta cantar. Mal, pero gústame. E, botando man de clásicos como The Beatles ou Frank Sinatra, conto e canto historias que me conmoven, que me fan graza, que me emocionan, que me escarallan…

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.