Este sábado celébrase na Capela o Magosto do Araño

07 Novembro 2025

Este sábado o Centro Social da Capela (Araño, Rianxo) vai acoller unha gran festa gastronómico-musical: a festa do Magosto. Haberá castañas asadas de balde, xogos populares para a rapazada (con monitores), música e actividades diversas para todos os públicos e, segundo informou a organización do evento, “moitas outras cousas”. A cita dará comezo ás 16:00 horas no Centro Social da Capela (Araño). A vertente musical virá dada polo karaoke infantil e pola agrupación Amores de Barra. Organiza a Asociación de Veciños do Araño en colaboración co Concello de Rianxo.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.