Esperanza Moraña, encargada no Hospital do Barbanza, distinguida nos Premios Nacionais da Limpeza

19 Novembro 2025

Esperanza Moraña García, encargada do servizo de limpeza do Hospital do Barbanza, foi recoñecida co Premio Especial á Operadora de Limpeza na XVI edición dos Premios Nacionales de la Limpieza, nunha gala celebrada en Madrid.

Traballadora de Nortex, a compañía de outsourcing de Grupo Nortempo, Esperanza recibe este galardón como recoñecemento a unha traxectoria profesional de máis de 27 anos, marcada pola dedicación, a responsabilidade e a calidade humana. Vinculada durante case toda a súa carreira profesional ao Hospital do Barbanza, participou desde os inicios na limpeza de obra do centro, asumindo cos anos novas responsabilidades ata converterse en encargada xeral do servizo. O seu compromiso coa excelencia, a xestión de equipos e a mellora continua convertérona nun referente dentro da organización.

O director xeral de Nortex, Alfonso Carballeda, que acompañou a Esperanza durante a gala, destacou que “desde o primeiro momento vimos nela a súa capacidade de liderado, traballo en equipo e implicación coa calidade do servizo. Todo iso, ademais, compaxinado cunha situación persoal complexa que nunca lle impediu dar o mellor de si mesma, demostrando unha gran fortaleza e compromiso tanto co seu equipo como cos pacientes do hospital”.

Os Premios Nacionais da Limpeza, organizados pola revista Limpezas, recoñecen cada ano a excelencia e as boas prácticas no sector. Nesta edición, o Premio Extraordinario do Xurado recaeu en Miguel Bordeus, empresario provedor de Mercadona e presidente de ADELMA, falecido durante a DINA de Valencia, así como nos equipos de voluntarios que colaboraron nos labores de limpeza nas zonas afectadas de Valencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...