En Padrón o programa Concilia Nadal regresa con máis prazas e un día adicional de actividades

11 Novembro 2025

O programa, dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, desenvolverase no CEIP Flavia entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro. As inscricións poderán formalizarse do 13 ao 20 de novembro

O programa Concilia Nadal regresa este ano a Padrón con novidades: comezará un día antes e aumenta o número de prazas, que pasa de 40 a 45 participantes. A iniciativa, organizada polo Concello de Padrón a través da Concellería de Servizos Sociais, ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período de vacacións escolares.

O Concilia Nadal 2025 desenvolverase os días 22, 23, 24, 26, 30 e 31 de decembro, e os 2, 5 e 7 de xaneiro, nas instalacións do CEIP Flavia, en horario de 7.45 a 15.15 horas. O programa está dirixido a menores de 3 a 16 anos escolarizados e empadroados no Concello de Padrón. No caso de quedar prazas vacantes, poderán participar tamén menores doutros concellos.

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 13 ao 20 de novembro, e o prezo de participación é de 50 euros. As solicitudes poden presentarse por vía telemática ou de forma presencial, no rexistro do Concello ou no departamento de Servizos Sociais.

O Concilia Nadal é unha iniciativa cofinanciada pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdade.

As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao 981 817 025.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...