Dodro conmemora o 25N con actividades de sensibilización e un acto institucional

22 Novembro 2025

O Concello de Dodro leva todo o mes desenvolvendo diferentes iniciativas para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Este sábado celebrouse unha andaina polo Xardín dos Valores, un percorrido circular na contorna municipal que simboliza, a través de pequenas placas, principios como prevención, equidade, liberdade, igualdade, empoderamento, xustiza, seguridade e fortaleza. Cada ano, neste espazo vanse plantando árbores como recordo de que a loita contra a violencia de xénero debe continuar.

Durante a actividade, os asistentes compartiron un tempo de reflexión sobre o significado desta data e sobre o papel que cada persoa pode desempeñar para contribuír á erradicación da violencia machista.

Ademais, o concello colocou cartelería nas portas dos centros educativos e nas estradas de acceso ao municipio, unha iniciativa impulsada polo CIM Terras de Iria, que busca visibilizar a mensaxe de igualdade e respecto en todos os ámbitos da vida comunitaria.

Como colofón, o vindeiro martes 25 de novembro terá lugar un acto institucional no concello ás 12.00 horas, no que se dará lectura ao comunicado emitido pola FEGAMP en conmemoración desta data. Con esta programación, Dodro reafirma o seu compromiso coa sensibilización social e coa defensa dos dereitos das mulleres.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.