Dodro celebra o 25N con pancartas, dípticos, unha plantación de árbores, un curso de defensa persoal e unha andaina

10 Novembro 2025

O Concello de Dodro vai celebrar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha manchea de actividades participativas baixo o lema Non se lastima a quen se quere (elixe feminismo), comezando coa colocación (o día 7 de novembro) dunha pancarta reivindicativa na balconada do Concello e co reparto dos dípticos informativos do CIM Terras de Iria en diferentes lugares municipais, centro de saúde… e tamén serán entregados ao alumnado da ESO do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.

Ademais, este sábado día 8 celebrouse un curso de defensa persoal para mulleres e esta semana, o xoves 13 de novembro, colocaranse sinais de Stop Violencia en varios lugares de Dodro. O 19 realizarase unha plantación árbores no campo do bosque e ás 12h e colocaranse placas conmemorativas.

O día 22 a veciñanza de Dodro participará nunha andaina contra a violencia de xénero convocada baixo o epígrafe O xardín dos valores. Será ás 16.00 h desde a Casa do Concello.
O 25N terá lugar un acto institucional no Concello ás 12.00 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.