Continúan os espectáculos da II Mostra de Teatro do Son (o pasado venres con “Máis Saaabor!” e agora con “Un deus salvaxe”)

12 Novembro 2025

Proseguen as representacións da II Mostra de Teatro de Porto do Son, organizada polo Concello: un ciclo escénico que traerá sete obras de gran nivel á Casa da Cultura entre outubro e novembro (todas ás 21.00 horas). Este pasado 8 de novembro a Mostra acadou un importante éxito de público coa representación, na Casa da Cultura de Porto do Son, da Máis Saaabor!, unha proposta cómica para público infantil e familiar dirixida por Avelino González en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Máis Saaabor! coproducida Culturactiva S. Coop. Galega e Félix Rodríguez, mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público.

A actividade formou parte da programación de Cultura da Deputación da Coruña

Máis axenda

A axenda da II Mostra de Teatro comezou o 18 de outubro con Vicio houbo sempre, unha peza de narración oral protagonizada por Atenea García, que recolle historias reais de mulleres maiores de 80 anos sobre o desexo, o pracer e a vida.

O 25 de outubro foi a quenda de Golpes, da compañía aAntena, centrada na historia de Pamela e a aprendizaxe dunha relación que non debía vivir. O 1 de novembro, Gallaecia Eventos presentou Cabaré Climático, e o 8 de novembro, foi a quenda de Máis saaabor!

O 15 de novembro, Talía Teatro representará Un deus salvaxe. O 22 de novembro, o grupo local Mimarte presentará Nais en apuros.

A clausura será o 29 de novembro coa comedia D.E.P, de Malasombra.

As obras Vicio houbo sempre, Golpes e Nais en apuros son de entrada libre, mentres que as restantes terán un prezo de 4 euros. As entradas están dispoñíbeis dende o 14 de outubro na Oficina de Cultura (de luns a venres, de 8:00 a 15:00 horas) ou o mesmo día da función, só con pagamento mediante tarxeta bancaria.

Un deus salvaxe

Un deus salvaxe, a peza que se representa este 15 de novembro (sábado) en Porto do Son, é un espectáculo para público adulto de 70 minutos de duración, abeirado ao Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Escrita por Yasmina Reza, a obra ponnos na pel de dous matrimonios, adultos e civilizados, que teñen un encontro para resolver un incidente protagonizado polos seus fillos pequenos: un deles partiulle dous dentes ao outro nunha pelexa no parque. Nada que uns pais civilizados non poidan resolver. Con este argumento, Yasmina Reza compón unha sátira da sociedade contemporánea e debulla con humor as relacións de parella, a educación, a competitividade,… pero, sobre todo, o exceso de corrección política.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...