Comeza o Plantatón do Barbanza: un mes para plantar máis de 2.000 árbores da man de Montescola e Laboratorio Ecosocial

19 Novembro 2025


Finalmente comezou este 19 de novembro o Plantatón, a campaña de plantación organizada por Fundación Montescola no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. A primeira xornada celebrouse este luns 17 de novembro co alumnado do CEIP Plurilingüe de Artes de Ribeira. Ao longo deste mes está previsto plantar 2.000 árbores autóctonas, entre elas castiñeiros, sobreiras, pradairos, bidueiros e cerdeiras, “especies frondosas fundamentais para a restauración ecolóxica, a prevención de lumes e a mellora da biodiversidade”, informaron dende Montescola, engadindo que o Plantatón combina educación ambiental, acción comunitaria e coidado do territorio, implicando centros escolares, asociacións e veciñanza comprometida cun modelo de monte máis diverso, resiliente e sostíbel.

Como dixemos, as actuacións están coordinadas pola Fundación Montescola, entidade con ampla traxectoria en sensibilización ambiental e educación para a sustentabilidade, que ten implicado a máis de 1.000 persoas voluntarias en proxectos de restauración e conservación do monte. A iniciativa mantén aberto o proceso de inscrición para todas as persoas e colectivos que queiran sumarse ás vindeiras xornadas. As persoas ou entidades interesadas en participar ou organizar unha plantación no seu monte poden escribir a: info@montescola.org.

Próximas xornadas programadas

18 de novembro: Colexio Jaime Balmes (Noia)

24 de novembro: CEIP Felipe de Castro (Noia)

1 de decembro: CEIP Felipe de Castro (Noia)

2 de decembro: CEIP Felipe de Castro (Noia)

Laboratorio Ecosocial do Barbanza

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.