Carlos Aymerich e Domingos Sampedro presentaron no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira “Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina”

28 Novembro 2025

O Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (Café Bar Plaza) acolleu este xoves 27 de novembro a presentación do libro Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, do escritor xudeu Ilan Pappé e editado en galego por Galaxia. Foi un acto ateigado de público procedente de Ribeira e do Barbanza e que contou coa presenza de Carlos Aymerich, autor da tradución, e do xornalista Domingos Sampedro.

Pappé expón en Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina as raíces coloniais do enfrontamento, desmontando mitos sobre a súa suposta complexidade. Explica como o sionismo, con apoio occidental, desprazou e oprimiu o pobo palestino, convertendo o conflito nunha loita desigual. Destaca a Nakba de 1948, a ocupación de 1967 e as circunstancias actuais en Gaza e Cisxordania como fitos dun proceso de limpeza étnica.
O seu relato desafía a narrativa oficial e esixe xustiza histórica.

Pappé, Ilan

(Haifa, 1954) é profesor de Historia na Universidade de Exeter, Reino Unido, codirector do Centro Exeter de Estudos Etno-Políticos. Foi profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Haifa, onde tamén é director do Instituto Emile Touma de Estudos Palestinos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.