Belén do Campo e José Carlos Vidal visitan o Refuxio Municipal da Pobra, recentemente ampliado e mellorado

10 Novembro 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou este luns 11 de novembro as obras de mellora realizadas no Refuxio de Animais Municipal da Pobra do Caramiñal, xestionado pola protectora de animais sen ánimo de lucro de A Moura. A actuación levouse a cabo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo destinado a apoiar os concellos na mellora do medio natural grazas á achega da Xunta de máis de 63.000 euros.

A delegada, que foi recibida polo alcalde José Carlos Vidal, destacou que “este ano na provincia recibiron estas axudas 49 concellos por un importe de máis de 2,2 millóns de euros e concretamente, na comarca do Barbanza, contaron con estas axudas, 10 concellos, A Pobra, Ribeira, Boiro, Rianxo, Lousame, Mazaricos, Outes, Porto do Son, Muros e Carnota por un importe de 520.000 euros”.

A representante do Goberno autonómico subliñou que a ampliación do inmóbel da Pobra do Caramiñal tivo como obxectivo mellorar “a recollida, atención e separación das especies felinas e caninas”. A actuación, engadiu, “permitiu crear espazos independentes e acondicionados para garantir o benestar dos animais e reforzar o control das poboacións asilvestradas no termo municipal”.

Neste senso, informou que foi creado un corpo diferenciado que permite separar as especies en módulos específicos. A proposta incluíu, 4 módulos de gateira, cada un con patio enreixado e con zonas exteriores altas e baixas, dotadas de proxección de sombra, 1 módulo de corentena, con patio de esclusa, 1 módulo para animais inmunodeprimidos, con patio propio illado, tamén con diferentes alturas e zonas sombreadas, 1 corredor pechado de conexión, que evite calquera posíbel fuga ao abrir as portas de acceso dos patios.

Cada módulo conta con divisións interiores mediante tabiquería lixeira forrada de vinilo lavable, portas e ventás de aluminio para ventilación e iluminación natural, e carpintarías tipo mosquitera que permiten ventilar sen risco de escapes.

A intervención incluíu a retirada da terra vexetal e adaptación da explanada, a construción dun muro de contención de formigón armado de 1 metro de altura con sistema de impermeabilización e drenaxe, a execución dunha soleira de formigón armado pulido sobre a que se instalaron os módulos, a instalación de pórticos de aceiro galvanizado para o peche dos patios e corredores e a creación dunha rede de sumidoiros e drenaxe de augas fecais, conectada á xa existente.

Un concello referente en benestar animal

“Para nós os animais que entran neste refuxio non son números. Cada can e cada gato levan detrás unha historia case sempre dramática e, por iso, o noso obxectivo é que cando entren nestas instalacións, poidan estar nas mellores condicións posibles”. Así referendou o alcalde, José Carlos Vidal, o seu compromiso co benestar animal. Unha meta que se acaba de ver reforzada coa ampliación do refuxio municipal de animais.

As obras executáronse cunha subvención de 63.415,56 euros procedente do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

Segundo sinalou o rexedor, un destes novos espazos está dotado cunha porta de chapa de aluminio e ventás para a iluminación e a ventilación natural. Esta zona dispón, así mesmo, dun corredor pechado que comunica os módulos e que actuará como elemento de seguridade para evitar fugas. As actuacións completaranse, proximamente, coa colocación de casiñas, elementos para rabuñar, corda, escaleiras e mesmo hamacas para que os felinos estean cómodos.

Durante a visita, o primeiro edil e responsábel da área de Benestar Animal incidiu no seu compromiso por seguir mellorando este “refuxio, que nos converte en referentes en toda a comarca”.

Adopcións

Como dixemos, o refuxio de animais está xestionado a través da Protectora Moura, que se encarga do coidado dos animais e tamén da tramitación das posíbeis adopcións. Ao longo do 2025, saíron das instalacións municipais uns 170 cans e gatos que atoparon novas familias. Actualmente, hai dez cans e 52 gatos pendentes de atopar un novo fogar.

Desde a protectora indican que, ademais de adoptantes, precísanse persoas voluntarias que poidan sacar a pasear aos cans de forma diaria. Calquera persoa interesada pode poñerse en contacto co refuxio a través do correo electrónico info@protectoramoura.es.

Cooperación

Durante a súa estadía no refuxio da Pora delegada da Xunta subliñou a importancia da cooperación entre administracións para avanzar na preservación do patrimonio natural, e puxo en valor o traballo que realizan as entidades locais, “as que mellor coñecen o territorio e as súas necesidades e que desempeñan un papel fundamental na súa protección e xestión sostíbel”.

Do Campo lembrou que este tipo de investimentos se enmarcan nas distintas liñas de apoio impulsadas polo Goberno galego para reforzar a capacidade operativa dos servizos municipais e favorecer unha xestión máis eficiente e respectuosa co medio.

Durante a súa intervención, a delegada destacou que o Fondo de Compensación Ambiental (FCA), nas súas modalidades competitiva e non competitiva, repartiu neste ano 2025, 9,2 millóns de euros en Galicia. Recordou ademais que esta orde foi creada para redistribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna e do reequilibrio territorial.

A través destas axudas —indicou— contribúese á conservación da biodiversidade e a protección do medio ambiente e do espazo natural.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...