Avanza a inscrición para a modalidade de escolares da Sin-Son (últimas 200 prazas)

10 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son vén de recordar que xa está aberto o prazo de inscrición para a Sin-Son en modalidade de escolares, unha categoría para a que este domingo 9 de novembro quedaban as últimas 200 prazas.

As inscricións, tanto para escolares como para a modalidade absoluta, rematarán o luns, 15 de decembro de 2025 ás 23:59h. ou ao completar a cota de prazas dispoñíbel.

A carreira vén con dúas grandes vertentes:

Sin-Son 10 K, o domingo 21 de decembro a partir das 11:00h.

A carreira absoluta cuxa saída será ás 11:00 h disputarase sobre unha distancia de 10 km en ruta entre as localidades de Portosín e Porto do Son. A proba estará supervisada baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A proba absoluta 10K, ten un límite de 1500 participantes.

Os participantes que se anoten antes do 1 de decembro, poderán elixir os puntos para a recollida dos dorsais nas seguintes localidades: Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo. A partir do 9 de decembro ata o 13 de decembro; poderán facer efectiva a recollida. Para todos os participantes en xeral, que non elixan punto de recollida de dorsais, os puntos de recollida serán: Portosín (o día 20 de decembro na Casa da Cultura, na Feira do Corredor desde as 19:30 ás 21:00 h) e Portosín (o mesmo día da carreira en  horario de 8:00h. a 10:30 h. da mañá, na Casa da Cultura, preto da zona de saída).

Xornada previa probas escolares, o sábado día 20 de decembro a partir das 17.00 horas

As carreiras escolares disputaranse na localidade de Portosín o sábado día 20 de decembro, a partir das 17:00 h. Haberá un límite de 500 participantes e a proba para a rapazada será de balde. O prazo de inscrición pecharase o luns 16 de decembro ás 23:59h., ou ata completar 500 prazas.

Celebrase na localidade de Portosín saída e meta estará na zona portuaria.

A recollida de dorsais efectuarase dende as 15:30  h da tarde na localidade de Portosín (zona portuaria) onde estará instalada a meta.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.