Atenea García presenta en Ribeira o espectáculo de narración oral Vicio houbo sempre

18 Novembro 2025

Ribeira acollerá o vindeiro xoves 27 de novembro, ás 19:00 horas, no Salón Lustres Rivas, o espectáculo de narración oral Vicio houbo sempre, interpretado pola narradora Atenea García. A proposta, dirixida a público adulto, chega ao municipio no marco da campaña provincial Liberdade de ser e sentir!, impulsada pola Deputación da Coruña con motivo do 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual.

O espectáculo forma parte do programa “Ser e sentir”, promovido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña, que busca visibilizar e celebrar a diversidade afectiva e sexual a través de actividades culturais, educativas e artísticas por diferentes concellos da provincia.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Ribeira, que destaca a importancia de empregar a cultura como ferramenta para promover a igualdade, o respecto e a liberdade individual. O evento será de acceso libre até completar a capacidade do recinto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.