Arrinca a XVI edición da Mostra de Curtas Vila de Noia

13 Novembro 2025

Finalmente comezou a súa andaina este mércores 12 de novembro a XVI Mostra de Curtas Vila de Noia. Fíxoo coa gala de presentación das curtametraxes a concurso, que foi o punto de partida da nova convocatoria, presentada no seu arrinque polo actor Federico Pérez Rey e a drag queen Vania Vanila. A gala inaugural resumiu e rendeu tributo aos 25 anos de andaina do certame.

O festival celébrase entre os días 12 e 22 de novembro.

Ademais dos diferentes apartados complementarios (Arredor das Curtas, un espazo de aprendizaxe e encontro que se desenvolverá entre o 14 e o 16 de novembro no Edificio do Casino e na Cafetería Sociedade Liceo; ou tamén a sección Cousas de Aquí, un apartado para mostrar a esencia de Noia e da comarca e que incluirá a proxección de Serafín El Castañero, Strobo e Este sol non é coma ningún), cómpre destacar unha Sección Oficial ateigada de propostas de gran interese.

Ademais, este sábado 15 chegará un dos momentos máis agardados desta nova edición: a estrea de Rondallas, producida por Bambú Producciones, coa presenza do seu elenco e equipo técnico: unha estrea que “une a profesionalidade das grandes produtoras coa calidez dunha vila que vive o cinema como algo propio”, explicou o Concello.

Sección Oficial

E, como cada ano, o público poderá gozar das sesións da Sección Oficial, que reunirán as mellores curtas desta edición competindo polo gran premio da Mostra. Tamén haberá espazos para descubrir libros, proxectos e escenarios: o domingo 16 celebrarase Noia Plató Natural, un percorrido polos lugares da vila que se converteron en set de rodaxe, e presentarase a obra literaria de Álex Agüera, Cine desde Cero e Mi primer cortometraje, dúas guías para seguir alimentando o espírito creador.

A edición completarase coa premier do documental Sólo pienso en ti, de Víctor Manuel, o xoves 20, coa participación dos seus directores, produtores e actores, antes de chegar ao sábado 22, cando a gala de clausura devolverá ao Coliseo Noela toda a emoción acumulada.

“Será unha noite de homenaxes, premios e lembranzas, un broche de ouro que celebra 26 anos de historias feitas imaxe, 26 anos de ilusións compartidas entre unha vila e o seu público”, sinalou o alcalde de Noia, Francisco Pérez, destacando que “a Mostra de Curtas é moito máis que un festival; é un sentimento que se renova cada novembro, unha fiestra aberta ao mundo dende o corazón dunha vila que aprendeu a falar en fotogramas. O tempo pasará, mudarán as tecnoloxías e as xeracións, pero en Noia seguirá viva a paixón por contar, por mirar e por vivir o cinema”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.