Arrinca a campaña da centola en Galicia cun forte ritmo de descargas

14 Novembro 2025

O número de embarcacións dedicadas á centola, o Grove conta con 50, seguido de Testal-Noia (60), Bueu (57), Santa Uxía de Ribeira (53), Cambados (49), Cangas (42), Camariñas (35), Fisterra (29), Ferrol (26) e A Coruña (25).

A conselleira do Mar destaca no Grove o arranque da campaña da centola, con 14.000 quilos descargados na primeira semana.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistiu este venres á descarga de centola no porto do Grove, coincidindo cos primeiros días da campaña deste crustáceo entre as Rías Baixas e Estaca de Bares.

A campaña arrancou o pasado luns e, ata o momento, acumula 14.000 quilos descargados, que representan máis de 180.000 euros en vendas. As rulas con maior actividade nestes primeiros catro días son as das rías de Vigo, Pontevedra e Arousa-Barbanza, sendo a do Grove, con máis de 2.400 quilos, a que rexistra o maior volume.

A conselleira subliñou o peso da lonxa grovense na comercialización da centola e lembrou que, desde 2024, se poxaron nestas instalacións 69.100 quilos, cun valor conxunto que supera os 1,3 millóns de euros.

900 barcos autorizados en toda Galicia

A campaña da centola mobiliza en Galicia case 900 embarcacións autorizadas pola Consellería do Mar.
Por zonas, destacan:

  • Ría de Arousa: 198 barcos
  • Ría de Pontevedra: 123
  • Muros-Noia: 111
  • Vigo: 106

No que respecta aos portos con maior número de embarcacións dedicadas á centola, o Grove conta con 50, seguido de Testal-Noia (60), Bueu (57), Santa Uxía de Ribeira (53), Cambados (49), Cangas (42), Camariñas (35), Fisterra (29), Ferrol (26) e A Coruña (25).

Tamén destacan, con arredor dunha vintena de barcos cada un, os portos de Burela, A Illa de Arousa, Combarro e A Guarda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.