AMTEGA celebra un ciclo de xornadas ciberseguras para axudar á cidadanía nas súas compras de Nadal (tamén en Ribeira)

17 Novembro 2025

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vai iniciar o vindeiro 21 de novembro un novo ciclo de sesións formativas en materia de ciberseguridade baixo o lema Prepárate para un Nadal ciberseguro.

Segundo explicou a axencia que dirixe Julián Cerviño, os obxectivos destas sesións son “concienciar sobre os principais riscos de ciberseguridade durante o Nadal, ofrecer pautas sinxelas para realizar compras en liña seguras, axudar a identificar fraudes, estafas e trampas típicas destas datas e dar as claves para protexer xoguetes e dispositivos conectados que chegan como agasallo”.

Celebraranse un total de 22 xornadas formativas en diferentes aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá e de tarde. Todas as xornadas terán un compoñente eminentemente práctico e unha duración de 1,5 horas.

Lembrar que a Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), é unha iniciativa posta en marcha pola axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 93 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Calendario de charlas

Ribeira

21/11/2025

12:00-13:30

Vigo

24/11/2025

11:00-12:30

A Coruña

21/11/2025

11:00-12:30

Tui

03/12/2025

17:00-18:30

Pontevedra

05/12/2025

10:00-11:30

Vimianzo

24/11/2025

17:00-18:30

Cuntis

10/12/2025

16:00-17:30

Valga

18/11/2025

12:30-14:00

Leiro

12/12/2025

11:00-12:30

O Vicedo

20/11/2025

17:30-19:00

Celanova

19/12/2025

16:00-17:30

O Porriño

22/12/2025

11:00-12:30

San Sadurniño

01/12/2025

12:00-13:30

A Cañiza

16/01/2026

11:00-12:30

Abegondo

11/11/2025

11:30-13:00

Guitiriz

18/11/2025

10:15-11:45

Ortigueira

26/11/2025

10:30-12:00

A Bola

Pendente de confirmación

Ames

19/11/2025

09:00-10:30

Vilagarcía

25/11/2025

12:15-13:45

Fisterra

25/11/2025

10:30-12:00

Bande

Pendente de confirmación

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.