Amicos abre o prazo de inscrición no seu Programa Integrado de Emprego

13 Novembro 2025

A Asociación Amicos organiza unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE), cunha oferta de cen prazas dirixidas a persoas desempregadas con ou sen discapacidade. A iniciativa, que se desenvolverá durante un ano, estará enfocada nos sectores de comercio, atención á clientela, administración, ocio e tempo libre, así como funcións de almacén, tanto en industria como no sector comercio.

O programa ofrece aos participantes información, orientación e asesoramento na busca de emprego. Asemade, os e as beneficiarias recibirán formación e apoio en dúbidas técnicas, obradoiros, consellos en habilidades sociolaborais ou sobre mobilidade laboral, así como prospección empresarial e prácticas profesionais non laborais en empresas do sector conserveiro, como Grupo JEALSA, de distribución alimentaria como Vegalsa-Eroski ou Gadisa, ou en pequeno e mediano comercio da zona do Barbanza.

Amicos informou que “este tipo de iniciativas teñen como obxectivo a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego mediante a combinación de accións formativas, prácticas non laborais e mediación coas empresas”.

Con este obxectivo, o programa vai dirixido a persoas en situación de desemprego con discapacidade e/ou en risco de exclusión social; beneficiarias do tramo de inserción da renda Risga, persoas desempregadas de longa duración e mulleres en situación de desemprego.

Un ano máis, o Programa Intregrado de Emprego impulsado por Amicos abarca aos concellos Noia, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira, Boiro e Rianxo. Así, o programa contará cun total de 100 prazas nas que será deseñado un itinerario formativo personalizado para cada participante.

Se ben os Programas Integrados de Emprego teñen o compromiso de acadar como mínimo a inserción laboral do 35% dos participantes, polo xeral estes adoitan alcanzar arredor do 46%. No caso de Amicos, este dato sube ata o 73% de inserción na última anualidade, segundo datos da entidade. Ademais, nas tres edicións anteriores, das 500 persoas atendidas polo equipo de emprego da asociación, arredor de 320 conseguiron emprego a raíz do programa.

O coordinador da área de Alianzas con Persoas e Empresas da entidade, Keltoi Cameán, destaca que estes datos son posíbeis “grazas á bagaxe dunha rede con máis de quince orientadores laborais e ao desenvolvemento de varios programas de emprego da zona, dende a entidade optamos por itinerarios con alta taxa de empregabilidade na comarca”.

Pola súa banda, o xerente da inmobiliaria Miraben, Fernando Casás, destaca que “cando decidimos colaborar co Programa Integrado de Emprego de Amicos fixémolo coa idea de aportar o noso gran de area ofrecendo unha oportunidade de formación a unha persoa que o necesitase, pero a experiencia superou todas as expectativas. Atopamos a alguén con moito talento, implicación e ganas de aprender. O resultado foi tan positivo que, rematadas as prácticas, decidimos incorporala ao noso equipo. Hoxe é unha peza fundamental”.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o 19 de decembro enviando un correo electrónico a programaintegrado@amicos.org ou mediante os teléfonos 672 745 058 e 672 745 052. Os Programas Integrados de Emprego están financiados pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal, polo que as participantes poderán percibir unha axuda de dez euros diarios por cada acción na que interveñan. Asemade, a iniciativa conta con medidas para facilitar a conciliación familiar d@s participantes.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.