Alumnado do CEIP Ramón de Artaza e do IES As Insuas gaña o concurso internacional “Draw your map” sobre a Vía Querinissima

10 Novembro 2025

O Concello de Muros acolleu esta mañá o acto de entrega dos premios do concurso “Draw your map”, promovido pola Asociación Internacional Vía Querinissima, no que resultou gañador o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez e de 1º da ESO do IES As Insuas.

O acto contou coa presenza do vicepresidente da Asociación Internacional Vía Querinissima, Arne Ivar Mikalsen; do secretario xeral do Consello Rexional do Veneto, Roberto Valente; do presidente da Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia, Luis Oujo; e da alcaldesa de Muros, María Lago, nun evento de marcado carácter institucional e educativo.

Durante a cerimonia, Luís Oujo destacou “o bo facer do profesorado e do alumnado do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez e do IES As Insuas”, lembrando que o xurado recoñeceu os seus traballos como “exemplos de intercambio, creatividade e interacción”, e que ambos proxectos foron seleccionados por unanimidade entre participantes de 10 países.

Pola súa banda, o noruegués Arne Ivar Mikalsen salientou a importancia de iniciativas coma esta “para darlle á xente nova un espazo no que expresar a súa creatividade, convidándoos a reinterpretar a viaxe de Pietro Querini con novos ollos, novas palabras e novos mapas. Un itinerario fresco e auténtico”.

Os premios, entregados por Luís Oujo e Erika Baldin, do comité executivo do Consello Rexional do Veneto, consistiron en diplomas acreditativos e unha achega de 500 euros en mobiliario escolar para cada centro educativo. Ademais, o alumnado premiado participará nunha viaxe sorpresa organizada pola Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia.

Un proxecto piloto para fomentar a conciencia patrimonial europea

“Draw your map” é un proxecto piloto impulsado en 2024 pola Asociación Internacional Vía Querinissima co propósito de fomentar a conciencia patrimonial europea entre o alumnado de 7 a 14 anos e implicalos na divulgación da Vía Querinissima, ruta que recrea a viaxe do mariño e comerciante veneciano Pietro Querini, quen chegou a Muros o 26 de outubro de 1431 antes de continuar cara a Compostela, nunha das peregrinacións máis antigas documentadas do Camiño da Ría de Muros-Noia.

O traballo “Viaxa con Querini”, elaborado polo grupo de 5º de Primaria do CEIP Ramón de Artaza, foi recoñecido pola súa capacidade para promover a aprendizaxe e o entretemento a través dun proxecto visual e creativo de gran calidade, que convida a redescubrir a viaxe de Querini desde unha óptica educativa e cultural.

Pola súa parte, “Antes e agora”, presentado polo alumnado de 1º da ESO do IES As Insuas, destacou por comparar o pasado e o presente da zona, reflectindo a súa evolución histórica e a pegada deixada por Querini en Muros, nun enfoque que combina investigación, creatividade e difusión cultural.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.