“Agardando, como sempre”. Luís Celeiro

30 Novembro 2025

Este, o tempo deste tempo é moi raro. Non entenden os expertos nin os paisanos que o m
retirar a gorra de diante dos ollos. É unha aproximación ao inverno, sen ser inverno aínda, é un
tempo de outono, que avanza galopante cara as escuras. Alí, ás escuras, verémonos todos iguais. Alí,
falaremos e escoitaremos os falares dos outros, como se fosen os nosos falares, os pensamentos
profundos arrancados do fondo da alma. Aínda que ben sabemos que non son todas as almas iguais.
Situarémonos, no hipotético parladoiro, do lado da alma e do falar dos humildes.
Este tempo é o peor dos tempos para os desgraciados apañadores de castañas. Desfán os dedos e as
mans ao apañar os ourizos coas súas espiñas; desfán o corpo, ao recorrer os soutos, outeando as
reviravoltas do tempo e volvendo para a casa cun saco pequeno de castañas. Son para asar, cando
haxa tempo, ou para cocer, cando se poida.
Estamos no tempo dos días pequenos. Todo é noite, frío e néboa rasa, coa súa brétema calando os
ósos da xente e dos lobos. Si, dos lobos e dos xabaríns, que campan ás súas anchas polas leiras de
millo, de patacas ou do que sexa. Andan polas carreteras, polos campus universitarios, polas
beirarrúas das rúas das cidades onde viven os señoritos, por diante e por detrás de tódalas casa, por
onde nós andamos e moramos.
Din os que saben, que este tempo abrázase a tres características importantes e dignas de atender.
Descenden as temperaturas paulatinamente, ata baixar de cero, acórtanse as horas de sol, ata que
todo pareza noite, e as follas das árbores caen e seguen caendo, ata que o chan teña unha capa
considerable de alfombra vexetal, con arrecendo a normal.
Detrás, virá o inverno e será de noite seguido. Será tempo de matanzas, de roxóns, de miradas e de
callos con garavanzos, en prato fondo. Será o que sexa, xa se verá! Vostede, acórdase da matanza
dos porcos cebados? Coidábanse, ao longo do ano, e, cando pasaban as castañas de outono,
levábanse á corte, para seguilos coidando.
Tamén ten a súa beleza, a harmonía das miradas, a dozura dos silencios e do tempo que vai pasando
paseniño, andando e mirando. Andando o tempo, á vez que todo cambia. Aínda que como di a Tía
Manuela, “todo cambia, para non cambiar nada, e aquí seguimos igual, exactamente igual,
agardando, como sempre”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.