Abertas as inscricións no Lousame Concilia, servizo de conciliación para crianzas nas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa

20 Novembro 2025

O Concello de Lousame abre este 20 de novembro o prazo de inscrición no Lousame Concilia, un programa de conciliación familiar que se convoca conxuntamente para os tres próximos períodos de vacacións escolares do período 2025-2026: Nadal, Entroido e Semana Santa. O Concello de Lousame ofrece 20 prazas en cada convocatoria, mentres que as familias poderán optar por anotarse nun, dous ou nos tres períodos ofertados. As inscricións deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello de Lousame antes do 30 de novembro.

Lousame Concilia é un servizo de canguraxe para nenos e nenas de 3 a 16 anos que ten lugar nos días laborábeis dos períodos de vacacións escolares, en horario de 9:30 a 14:30 horas, nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. O Concello de Lousame convoca 20 prazas para: Nadal (10 días: 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro; e 2, 5 e 7 de xaneiro), Entroido (3 días: 16, 17 e 18 de febreiro de 2025) e Semana Santa (4 días: 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril).

Para anotarse, as familias só teñen que cubrir e asinar o correspondente impreso de solicitude (que poden descargar da web do Concello) e achegar a documentación precisa para acreditar calquera dos criterios establecidos para valorar as solicitudes. A maior puntuación (18 puntos) outorgarase aos menores empadroados en Lousame con, cando mínimo, un dos proxenitores e cunha antigüidade de más dun ano. Tamén haberá 8 puntos para nenos e nenas menores de 12 anos e 2 puntos para familias cun nivel de renda inferior a 3 veces o IPREM anual. Finalmente, recibirán 1 puntos as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero, familias con membros con discapacidade, mulleres en situación de desemprego ou maiores de 45 anos, familias con cargas relacionadas cos coidados ou en situación de vulnerabilidade social.

Máis información na Concellería de Igualdade: 981 820 494 ou 689 126 385. Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade a través do Plan Corresponsables.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...