A Xunta activa unha campaña extraordinaria de vacinación da gripe para persoas de 60 a 69 anos

23 Novembro 2025

A Xunta de Galicia anunciou a posta en marcha dunha campaña extraordinaria de vacinación fronte á gripe dirixida ás persoas de entre 60 e 69 anos que aínda non recibiron cita. A iniciativa desenvolverase a vindeira fin de semana, os días 29 e 30 de novembro, nos hospitais galegos.

Segundo informou a Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, estas persoas recibirán un SMS para acudir á vacinación, que se realizará nos sete hospitais de cabeceira do Servizo Galego de Saúde, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Pola súa banda, os hospitais comarcais reforzarán a campaña nos centros de atención primaria durante a xornada do sábado 29.

A medida responde ao adianto da vaga pandémica da gripe nesta campaña e busca incrementar a protección da poboación. Ata o de agora, Galicia conta cunha taxa de cobertura superior ao 75% entre maiores de 80 anos, mentres que no grupo de 70 a 79 anos sitúase arredor do 60%.

A Xunta anima á cidadanía a vacinarse tanto contra a gripe como contra a covid-19, co obxectivo de previr enfermidades e reducir a súa incidencia na poboación galega.

Vacinación no Hospital da Barbanza

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.