A toxina pon en perigo a campaña do mexillón ao obrigar pechar a maioría dos polígonos bateeiros. Este luns pechanse novos polígonos en Arousa

16 Novembro 2025

A toxina diarreica obriga ao peche de novos polígonos bateeiros e complica a campaña do Nadal

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) confirmou o peche de dous novos polígonos bateeiros na ría de Arousa pola presenza de toxina lipofílica, coñecida como toxina diarreica. Dos cincuenta polígonos existentes en Galicia, só permanecen abertos os da ría de Ares, un en Camariñas e sete na ría de Arousa, o que supón que máis do 80 % das zonas están afectadas.

Esta situación está golpeando con forza o sector do mexillón. “A situación está complicándose e está pechado o noventa por cento dos polígonos da ría de Arousa e de Pontevedra”, advirte Ricardo Herbón, presidente da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (OPMEGA).

A presenza de biotoxinas é habitual nestas datas, pero este ano a súa intensidade é maior do normal. “Vemos que hai moitos máis polígonos pechados e non hai dúbida de que para isto non estás preparado. Confías en que a campaña vaise desenvolver con normalidade, pero isto cambia todas as túas previsións”, lamenta Herbón.

Coas bateas pechadas e os barcos amarrados, a principal preocupación do sector é que a proliferación da toxina se prolongue no tempo, precisamente ás portas da campaña do Nadal, que supón máis do 40 % dos ingresos anuais. “A previsión é incerta. Hai bastante proliferación na auga e a situación complícase en vez de mellorar. Confiamos en que, se diminúe o vento do sur e hai un cambio meteorolóxico, a situación poida mellorar”, engade o presidente de OPMEGA.

As biotoxinas non afectan só ao mexillón: tamén están condicionando a extracción de especies infaunais como o berberecho ou a ameixa, con varias zonas marisqueiras xa clausuradas. A evolución das condicións mariñas nos próximos días será clave para determinar se a campaña pode finalmente salvarse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.