A Pobra e a Médicos do Mundo xuntan esforzos para promover a integración de mulleres en situación de vulnerabilidade

28 Novembro 2025

A Concellería de Promoción Económica e o Coworking da Pobra e a Asociación Médicos do Mundo Galicia xuntarán esforzos para a posta en marcha do proxecto Construíndo futuros. Tal e como explicou a concelleira da área, Amparo Cerecedo, a iniciativa busca “lograr o apoderamento e a integración de mulleres que se atopen en situación de vulnerabilidade”. O novo programa presentouse, esta tarde, no Coworking coa intervención da edil e da coordinadora da asociación en Galicia, Iria Gippini Estévez.

A medida ponse en marcha tras o convenio de colaboración subscrito entre ambas as entidades e que terá unha vixencia de dous anos. Construíndo futuros estruturarase arredor de tres eixos, materializándose a primeira liña de apoio estratéxica coa celebración, no mes de xuño, da Travesía do emprendemento. A segunda pedra angular do proxecto estará baseada en mellorar a empregabilidade por conta propia das usuarias. A terceira e última liña da iniciativa estará relacionada coa vivenda e o restablecemento.

Compromisos

Tal e como se recolle no convenio asinado entre as entidades, para cumprir esas tres metas, o Concello achegará e promoverá o autoemprego a través dos recursos e servizos que ofrece o Coworking, especializado apoderamento e perspectiva de xénero. Así mesmo, a Administración local encargarase tamén da cuestión da vivenda, garantindo que as usuarias poidan acceder a unha vivenda de emerxencia social destinada a apoiar os procesos de integración.

Pola outra banda, Médicos do Mundo deseñará e implantará itinerarios sociolaborais nos que serán abordadas competencias prelaborais e xestión emocional. Así mesmo, realizará dous obradoiros para a sensibilización a empresas co fin de desmontar os mitos sobre a contratación de persoas migrantes e promover a diversidade e inclusión laboral. A asociación levará a cabo, así mesmo, un seguimento social e psicolóxico durante a vixencia do programa para asegurar o restablecemento físico e emocional das mulleres participantes.

O acordo subscrito inclúe a creación dunha comisión de seguimento de Construíndo futuros con representación de ambas as partes. Este órgano empregarase para analizar o avance do programa, propoñer melloras e resolver posíbeis incidencias.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.