A nova edición do Memorial Mireya Dieste vén cun concerto de piano de Yolanda Delgado

21 Novembro 2025

Este sábado 22 de novembro, á 20:30 horas, celebrarase en Rianxo, no Auditorio de Galicia, unha nova edición do Memorial Mireya Dieste, que incluirá un concerto de piano de Yolanda Delgado.

A entrada será de balde ata completar capacidade.

O relator será José Luís do Pico Orjais.

Concerto organizado pola Irmandade da Música Galega e o Fondo Local de Música do Concello de Rianxo e enmarcado no programa Outono das Artes da Deputación de Coruña.

Mireya Dieste

Mireya Dieste, que morreu en 2015 aos cen anos, era sobriña do ilustre escritor rianxeiro Rafael Dieste, filla de Eduardo, un dos irmáns maiores do celebrado autor de A fiestra baldeira. Mireya-Magdalena, que residía en A Coruña, pasou boa parte da súa nenez en Rianxo e logo comezou un periplo polo mudo acompañada en primeira instancia polo seu pai, que era diplomático. Mireya foi unha intérprete moi destacada de piano. Render homenaxe ás súas importantes contribucións e ao seu legado é un dos grandes obxectivos do memorial rianxeiro que leva o seu nome e que chega, como dixemos, á súa nova edición este sábado 22 de novembro.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.