A Deputación pecha este venres en Boiro o programa de formación para as entidades deportivas de base da provincia

19 Novembro 2025

O Centro Social de Boiro (rúa Manuel María) acollerá este venres, 21 de novembro, a partir das 16.30 horas, a derradeira das xornadas do novo programa de formación para entidades deportivas de base da provincia, unha iniciativa que responde á necesidade dos clubs que fomentan o deporte e os seus valores entre a mocidade da provincia.

O curso será inaugurado ás 16.30 polo deputado de Deportes, Antonio Leira, e contará con relatorios sobre patrocinio e doazóns, impartida por Yago Casal, e efectos da nutrición no rendemento deportivo e na saúde, impartida por Alicia Villegas.

Con este último curso complétase unha actividade que xa se desenvolveu noutros sete concellos: As Pontes, Dumbría, Ordes, Carballo, Santiago de Compostela, Arzúa e Betanzos, abordando temáticas como a normativa sectorial, os patrocinios, a xestión da comunicación, a regulación emocional, a inclusión no deporte ou a dirección de equipos.

Antes de organizar as xornadas, a Deputación realizou unha enquisa — na que participaron máis de 240 persoas de 60 concellos e 40 modalidades deportivas diferentes — para coñecer de primeira man as principais problemáticas que experimentan os clubs na súa xestión diaria. Deste cuestionario saíu unha conclusión clara: urxe un programa formativo adaptado á realidade do deporte de base, centrado especialmente na mellora do adestramento e na xestión dos clubs. O obxectivo é “facer máis robusto e profesional o tecido deportivo da provincia”.

As persoas dos clubs da provincia que estean interesadas en participar poden inscribirse xa a través da Rede

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.