A Deputación defende en Agro360º en Boiro a importancia de fomentar o emprendemento no rural

14 Novembro 2025

A Deputación da Coruña segue apostando por apoiar ao rural galego a través de iniciativas como a Feira Agro360º, Sector Agroalimentario Galego, celebrada este venres en Boiro. A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, participou na clausura do evento xunto ao concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, e destacou o esforzo da Deputación por fixar poboación, estimular o emprego e fomentar a cooperación no espazo rural.

“Esta xornada pon de manifesto o noso compromiso con todas aquelas persoas que emprenden no rural. É un exemplo de como a Deputación da Coruña transforma as súas apostas pola economía verde, a transformación agroalimentaria e a colaboración territorial en accións concretas”, sinalou Rosa Ana García.

O evento, celebrado en Lab Barbanza, incluíu mesas de debate especializadas, espazos de diálogo con persoas expertas da cadea de valor agroalimentaria e unha área de networking para favorecer contactos e intercambio de experiencias.

“O que vimos hoxe en Boiro é un claro exemplo de como o rural galego está a reinventarse: hai talento, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de cooperar. Ese é o camiño: traballar en rede, sumar esforzos e facer que Galicia siga sendo sinónimo de calidade, responsabilidade e futuro”, engadiu a deputada, subliñando a importancia do traballo conxunto entre administracións e axentes do sector.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.