A Deputación da Coruña celebra a II Gala de Turismo cos Premios de Turismo 2025

24 Novembro 2025

A Deputación da Coruña celebra este xoves, 27 de novembro, a II Gala de Turismo, un evento que se consolida como unha cita anual de referencia para recoñecer o esforzo, o talento e a innovación do sector turístico da provincia. A gala, que terá lugar no Porto de Oza – Marina Varadero da Coruña, servirá de punto de encontro para profesionais, entidades e iniciativas que contribúen á excelencia e ao desenvolvemento sostible do turismo coruñés.

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, destacou que “a II Gala de Turismo é unha oportunidade para seguir impulsando un modelo turístico comprometido co territorio, co conxunto da provincia e co seu futuro”. Subliñou que o avance do sector non é casualidade, senón froito “do traballo diario de persoas, entidades e proxectos que saben que o turismo só funciona cando é capaz de xerar unha dinámica positiva para a economía local”.

Regueira puxo tamén o foco na importancia de preservar e promover a identidade propia da provincia e que esta esencia é a que permite construír un turismo diferencial. “Todo iso conforma unha experiencia real, non artificiosa, que nos diferencia e que nos permite construír un turismo atractivo, sustentable e competitivo”, abundou.

Cinco categorías que reflicten a diversidade e potencial do sector

Os Premios de Turismo da Deputación da Coruña recoñecen cinco categorías que destacan aspectos fundamentais do sector:

Mellor iniciativa de innovación, calidade e sostibilidade turística, destinada a proxectos que sobresaen pola súa capacidade innovadora, pola calidade dos seus servizos ou polo seu compromiso coa sostibilidade e co turismo responsábel.

Mellor iniciativa de posta en valor da autenticidade do territorio, enfocada en accións que reforzan a identidade, o arraigo e a singularidade dos concellos da provincia, ademais de contribuír á protección ambiental.

Mellor proxecto de turismo emerxente, dirixido a empresas que destacaron pola súa evolución e polos seus logros durante os últimos tres anos.

Mellor proxecto de turismo enogastronómico, un recoñecemento ás propostas que difunden a cociña local, os produtos de proximidade e a tradición culinaria, integrando innovación e sostibilidade.

Toda unha vida dedicada ao turismo, un galardón honorífico a persoas ou entidades cunha traxectoria exemplar no ámbito turístico da provincia.

    Posta en valor “da realidade da nosa terra”

    Regueira sinalou que estes premios “recoñecen iniciativas que demostran que innovación, calidade e sostibilidade son compatibles coa posta en valor da realidade da nosa terra”, e que o éxito do turismo provincial “non reside en copiar modelos alleos, senón en potenciar aquilo que nos fai únicos e en acompañar tanto os proxectos emerxentes como as traxectorias de toda unha vida”.

    A Deputación da Coruña reforza así o seu compromiso co turismo como motor económico, social e cultural, impulsando iniciativas que axudan a construír un sector forte, cohesionado e preparado para os desafíos futuros.

    Outros artigos

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

    “Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

    Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.