A Creba entrega os premios do II Concurso de Relatos Breves Ecos da Mente

07 Novembro 2025

A segunda edición do Concurso de Relatos Breves Ecos da Mente, promovido pola Asociación A Creba coa colaboración do Concello de Ribeira, xa ten gañadores. O obxectivo do certame foi, unha vez máis, “concienciar sobre a importancia da saúde mental” . Nesta convocatoria, a temática a seguir foi sobre a repercusión da dixitalización na saúde mental: como afectan ao benestar emocional as redes sociais, o uso da Intelixencia Artificial, os xogos en liña ou as consecuencias do tempo dedicado a Internet, entre outras variantes.

O xurado estivo composto por Alicia Padín, Bernardino González e Eduardo Estévez, quen destacaron a calidade dos traballos presentados.

Sergio Martínez alzouse co galardón na categoría adulta con Que razón tiñas, avoa!; Natalia Lema fixo o propio con Epístola a nosa nai, na xuvenil; Valeria Ayaso e Eu son Naia, na adolescente; e Sonia García con Waordurwig e o mundo que o rodea, na diversa.

Deste xeito, repártense un total de 480 euros es premios (unha única recompensa de 120 euros por modalidade) en formato de vales de compra para trocar nunha librería do municipio.

Na entrega das distincións participaron representantes municipais. A concelleira de Promoción Económica, Carmen Pérez, puxo en valor este tipo de iniciativas que “coas recompensas tamén buscan ter un impacto no tecido comercial local, nesta ocasión, nunha librería para que os premiados sigan atopando en novos libros a inspiración e a motivación para seguir escribindo e, a través da palabra, seguir derrubando prexuízos e tabús”.

Tamén se pronunciou o edil de Sanidade, Vicente Mariño, para quen este certame “involucra a toda a sociedade na concienciación sobre as doenzas mentais e visibiliza tamén o traballo dunha entidade centrada na atención psicosocial de persoas con problemas de saúde mental e o apoio ás súas familias, polo que quixera destacar o seu labor”.

En liñas similares tamén falou o concelleiro de Relacións Institucionais, Ramón Doval, quen reafirmou o compromiso do Concello de Ribeira con este tipo de propostas que “máis alá de cinguirse a unha colaboración entre unha administración pública e unha asociación, pretende involucrar a toda a cidadanía e, ademais, a repercusión económica deste certame quedará tamén no noso municipio ao ter como premios os vales de compra. En definitiva, varios axentes da sociedade implicados nunha causa común de gran importancia como é a saúde mental”.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.