A conselleira de Vivenda reúne­se coa alcaldesa de Ribeira para avanzar en proxectos de infraestruturas

13 Novembro 2025


A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, para analizar diversas actuacións prioritarias no ámbito das infraestruturas para o municipio.

O encontro celebrouse en San Caetano e contou tamén coa presenza da directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire. Durante a reunión, abordáronse diferentes liñas de actuación de interese para Ribeira, centradas na mellora de servizos, na planificación urbanística e no impulso de proxectos destinados a reforzar o desenvolvemento local.

Desde a Consellería salientaron que esta xuntanza se enmarca na liña de colaboración permanente cos concellos, ofrecéndolles apoio técnico e administrativo para facilitar a execución de iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a potenciar a competitividade económica da contorna.

Outros artigos

Ribeira iza a súa quinta Bandeira Verde

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, izaron hoxe no paseo marítimo de Coroso a quinta Bandeira Verde de Galicia que recibe o municipio por quinto ano consecutivo. Esta distinción fundaméntase nun total de 11...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.