A borrasca Claudia deixa un mércores de fortes ventos e chuvias persistentes nas Rías Baixas e Santiago

11 Novembro 2025

Atención para mércores 12: refachos do sur por riba dos 80 qm/h. Precipitacións persistentes no sur e oeste da Comunidade.

Galicia vivirá este mércores, San Diego, baixo a influencia directa da borrasca Claudia, que traerá consigo unha fronte activa e moi estacionaria. A consecuencia será unha xornada de ceos parcialmente nubrados e precipitacións xeneralizadas, máis intensas e persistentes na metade sur e oeste da comunidade, afectando especialmente ás Rías Baixas e á comarca de Santiago.

Nas provincias de Pontevedra e A Coruña, espéranse acumulacións importantes de chuvia ao longo do día, mentres que no litoral norte de Lugo as precipitacións serán máis febles e intermitentes.

As temperaturas manteranse sen cambios significativos, mentres que o vento soprará con forza do sur, con refachos que poderán superar os 80 quilómetros por hora tanto no litoral como nas zonas altas do interior.

As autoridades meteorolóxicas manteñen a alerta por vento forte e chuvias persistentes para este mércores 12, recomendando extremar as precaucións, especialmente en áreas costeiras e na circulación por estrada.

O xoves: Galicia continúa na influencia das baixas presións, centradas no Atlántico, ó oeste da Comunidade. Deste xeito, o ceo estará parcialmente cuberto con chuvia localmente forte, sobre todo en zonas altas do sur; chuvias máis ocasionais canto máis ó norte. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará forte de compoñente sur no litoral e zonas altas.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sur, forza 6 a 8 á mañá e 5 a 7 á tarde e á noite. Media vaga á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e á noite e 1.5 a 2.5 metros á tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...