A Aula CeMIT de Boiro rexistra 168 novas altas e imparte máis dun milleiro de horas de formación

18 Novembro 2025

O Concello de Boiro fixo balance da actividade xerada pola Aula CeMIT, referente local da formación e a alfabetización dixital, no que vai de ano. Segundo fixo saber no reconto de fitos, a Aula rexistrou en 2025 até 158 novas altas de persoas usuarias, chegando a un total de 2793 persoas usuarias rexistradas dende o ano 2011.

En canto ás idades das novas altas, a maior parte, 84 usuarios, están comprendidos entre os 41 e os 65 anos, seguidos da franxa de 26 a 40 anos. En canto ao sexo dos novos usuarios, o 55.06% son mulleres fronte ao 44.95% que son homes.

Durante o período comprendido entre o 1 de outubro de 2024 e o 13 de novembro de 2025, datas das que se extraen os datos, leváronse a cabo na Aula CeMIT un total de 64 cursos nos que participaron 684 persoas e 22 charlas ás que asistiron 81 persoas; estando a aula en funcionamento un total de 2701 horas entre formacións, exames e a aula aberta dispoñíbel.

O obxectivo da Rede CeMIT na que está integrada a aula de Boiro é fomentar a autonomía persoal e o envellecemento activo mediante o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación); promover coñecementos e competencias dixitais para fomentar a empregabilidade dos cidadáns; así como impulsar a promoción da innovación social dixital.

A Aula CeMIT do Concello de Boiro, situada no Centro Social de Boiro, leva en activo dende o ano 2010, sendo aula de referencia dende os seus inicios debido a que conta con persoal adscrito ao centro e formación en novas tecnoloxías durante todos os meses do ano.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.