A Archidiocese de Santiago presenta o seu Plan Pastoral 2026–2029 nun encontro diocesano en La Salle

15 Novembro 2025

A Archidiocese de Santiago celebra este sábado 15 de novembro, nas instalacións de La Salle (Santiago), un encontro diocesano no que se presentará oficialmente o Plan Pastoral 2026–2029. A xornada reunirá sacerdotes, relixiosos e relixiosas, laicos, axentes de pastoral e membros de grupos, movementos, asociacións e confrarías da diócese.


O arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto Fernández, será o encargado de presentar as liñas xerais do novo Plan Pastoral, así como as tres prioridades pastorais e os tres obxectivos específicos que orientarán a acción da Igrexa compostelá durante o próximo cuatrienio.

Tras un descanso ás 12:15, a sesión retomarase ás 13:00 cun momento de recollida das achegas e impresións dos asistentes, seguido dun tempo de alabanza e oración, que porá fin ao encontro matinal.

A comida terá lugar ás 14:30 no Mosteiro de San Martiño Pinario, cun custe de 20 euros. A inscrición deberá efectuarse de maneira nominal mediante os arciprestes e vicearciprestes, ou a través das delegacións diocesanas no caso daqueles participantes vinculados a elas.

Pola tarde, ás 16:30, os asistentes achegaranse á Catedral de Santiago para o ensaio de cantos, concluíndo a xornada coa celebración da Eucaristía ás 17:00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.