A ABE reitera o seu compromiso contra a violencia machista

25 Novembro 2025

Con motivo deste 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a Asociación Boirense de Empresas (ABE) volve sumarse á campaña De Fronte da Deputación da Coruña, reforzando a súa mensaxe de rexeitamento absoluto ante calquera forma de violencia machista.

A ABE quere lembrar que “hoxe e sempre abonda de violencia, de discriminación e de medo”. E engade a patronal boirense: “A violencia machista non é un feito illado nin un problema individual: é un problema estrutural e social que nos implica a todas e todos, e que require educación, sensibilización e compromiso colectivo para ser erradicado.

Este ano, a Asociación Boirense de Empresas incorpórase á rede de Puntos Violeta, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Igualdade para implicar ao conxunto da sociedade na loita contra a violencia machista.

O Punto Violeta forma parte do Plan de Mellora e Modernización impulsado polo Goberno de España, nun contexto de alarma social ante o incremento de casos de violencia contra as mulleres, e supón un cambio de enfoque nas políticas públicas: a loita contra a violencia machista é responsabilidade de toda a sociedade.

Converterse en Punto Violeta significa que a ABE “se transforma nun espazo seguro, accesíbel e sensibilizado, capaz de ofrecer información e acompañamento ás mulleres que o poidan necesitar”, explicou a directiva da patronal, facendo un repaso polas súas principais ferramentas:

Guía Punto Violeta para actuar fronte á Violencia Machista

Recollerá información clara sobre como actuar ante un caso de violencia no noso entorno, recursos dispoñíbeis para vítimas, sinais de alerta e tipos de violencia.

Materiais para entidades e establecementos

A ABE disporá de carteis e adhesivos identificativos cun código QR ligado á guía oficial, indicando que a sede é un espazo seguro onde calquera muller pode recibir información e apoio.

Distintivos persoais

Persoas identificadas como Punto Violeta servirán de canle directa para facilitar o acceso das vítimas aos recursos que precisen.

Compromiso do tecido empresarial boirense

Como parte esencial da vida social e económica da vila, o tecido empresarial debe ser tamén motor de cambio. Por iso, sinala a ABE, “reafirmamos neste 25N o noso compromiso cunha sociedade máis segura, máis igualitaria e máis xusta”.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.