Vilagarcía acolle a iniciativa Cociña de culler para promover o consumo de produtos locais

30 Outubro 2025

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe en Vilagarcía de Arousa na iniciativa Cociña de culler, organizada pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia co apoio da Xunta. A actividade ten como obxectivo impulsar as compras de produtos de proximidade nos mercados tradicionais, ao tempo que pon en valor a gastronomía galega propia desta época do ano.

Durante a visita, o responsable autonómico percorreu os distintos postos do mercado arousán adheridos á campaña e destacou a importancia de apostar polos produtos locais como garantía de calidade e sustentabilidade.

Ademais, aproveitou a ocasión para anunciar que no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 se reforzarán durante o vindeiro ano as iniciativas destinadas á modernización das prazas de abastos. Entre elas figuran as liñas de axuda dirixidas á súa certificación como Mercados Excelentes, á rehabilitación das instalacións e á dinamización comercial, cun investimento global próximo aos 4,5 millóns de euros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.