Vai de Roda organiza este sábado 25 o seu Serán de Rianxo

21 Outubro 2025

Este sábado 25 de outubro a asociación Vai de Roda vai celebrar o seu Serán de Rianxo no Campo de Arriba da vila rianxeira. Será a partir das 19.30 horas (primeiro o Seranciño e logo o Serán propiamente dito) e achegará a residentes e visitantes unha boa oportunidade para achegárense á música e ao baile tradicional e “para compartir e gozar en comunidade arredor da música e o baile”. Organiza Vai de Roda co apoio da Deputación e do Concello.

Vai de Roda é unha asociación xurdida hai case dúas décadas para “promover e divulgar a música e o baile tradicional galego, así como todas aquelas formas de expresión que estes leven asociados (tecidos, vestimentas, costumes…)”.

Ao seu abeiro impulsouse unha escola de música e baile tradicional que é xa un referente no Barbanza e Galicia no ámbito formativo e dinamizador. Este legado divulgador e dinamizador é unha das claves dos seus festivais, entre os que se atopa o de Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.