“Unha dúbida: aborto non; migración tampouco (se non es hispanoamericano)” – Antón Luaces

06 Outubro 2025

Houbo un tempo non lonxano que, neste noso país, existía o acoso aos centros sanitarios nos que as mulleres interrompían voluntariamente os seus embarazos, posibles dende a aprobación da Lei Orgánica 9/1985, de 5 de xullo, que reformou o artigo 417 bis do Código Penal. Deste xeito despenalizábase  o aborto en tres supostos, recoñecendo o dereito da muller a interromper libre e vontariamente a xestación nas primeiras catorce semanas do embarazo outorgaba -e outorga- á muller ese dereito que na actualidade a estrema dereita (e parte da dereita e centro-dereita en España) tentan regular ao seu xeito o artigoi172 quater da Lei Orgánica 10/1995, de 3 de novembro, do Código Penal, que sinala que “o que para obstaculizar o exercicio do dereito á interrupción voluntaria do embarazo acosar e unha muller mediante actos molestos, ofensivos, intimidatorios ou coactivos que menoscaben a súa liberdade, será castigado coa pena de prisión de tres meses a un ano ou de traballos a prol da comunidade de trinta e un a oitenta días”.

As penas citadas  poderán impoñerse sen prexuízo das que puideran corresponder aos delitos nos que se houberan concretado os actos de acoso.

O texto citado entrou en vigor o 12 de abril de 2022, o que non obviou os pronunciamentos contrarios ao mesmo por parte de formacións políticas con representación parlamentaria nacional e a igrexa católica, con apoios implícitos desas mesmas formacións políticas ao impedimento da entrada en España de migrantes procedentes de países alleos aos usos, costumes e lingua española.

Non pode ser entendido este posicionamento político e relixioso como un xeito de acoso cara aquelas mulleres que, por vontade propia, opten por abortar?.   

Outros artigos

“Una alternativa a las residencias” – Manuel Domínguez

Una alternativa a las residencias. Puede ser la historia de Benito, Matilde, Juan y Ana u otros. Vives solo sin gato, ni perro que te ladre, la soledad de una manera o de otra mata. Tienes piso, o lo tiene el otro, o ninguno, sois amigos desde la infancia, o desde...

+

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión