“Unha cadea humana para reclamar atención médica en Ribeira”. Antón Luaces

13 Outubro 2025

Os cidadáns de Ribeira reclaman dende vai tempo maiores dotacións técnicas e humanas nos centros de saúde e hospitalarios deste concello do Barbanza. Corrubedo, Aguiño e a propia cidade capital do municipio demandan -este sábado o fixeron formando unha cadea humana desde a Praza dos Mariñeiros (onde se ubica o  Centro de Saúde do SERGAS) ata o Hospital Comarcal do Barbanza- as coberturas precisas para que os centros de saúde dependentes da Consellería de Sanidade realicen as funcións que, supostamente, lles corresponden. Láianse os doentes pola falta de atención, que achacan ao desinterese das autoridsdes sanitarias galegas, apòs anos de espera ata a inauguración do Centro de Saúde e, moi posteriormente dun máis que necesario imprescindible hospital comarcal quen de atender a máis de 65.000 que habiltan a  comarca.

Protestan, e con razón, boa parte deses preto de 70.000 cidadáns galegos que confían nos profesionais médicos do SERGAS para amañar os seus problemas de saúde e que se ven na obriga de agardar meses para que esa atención se produza e, en moitas ocasións, dempois de ter pasado pola consulta privada dun médico especialista (o que significa pagar unha atención  á que teñen dereito constitucional e que está pagada polos anos de cotización á Seguridade Social durante a súa vida como traballador por conta propia ou allea.

Que é o que os priva desa atención?. Talvez unha falta de previsión dos responsables dese servizo fundamental ao cidadán?. Ou será que nos plans de dotación económica do Servizo de Saúde de Galicia, que deriva á sanidade privada a bó número de doentes con dereito a seren atendidos nos centros públicos, non interesa incrementar o gasto de contratación do persoal necesario para unha poboación que a demanda?. 

Esa evidente deriva á sanidade privada de doentes con dereito á pública é constatable polo simple feito de solicitar atención nuns hospitais privados que, en Galicia, estàn tan saturados coma nos centros públicos nos que, en moitos casos, o enfermo vai ser atendido polos mesmos profesionais que se atopará nos privados. 

No teñen máis que comprobalo.

Mentres tanto, cadeas humanas e protestas razonadas.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.