Un morto e dous feridos nunha colisión entre dous camións e un turismo en Brión

03 Outubro 2025

O falecido é un home de 64 anos. Unha colisión entre dous camións que transportaban aluminio e un coche deixou unha persoa falecida e outras dúas feridas en Brión, no quilómetro 12 da CG-1.5, na parroquia dos Ánxeles.

TVG

Dúas das vítimas foron evacuadas en ambulancia, mentres que a outra foi trasladada en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. O falecido foi xa identificado. Trátase dun home de 64 anos.

Un helicóptero do 112 trasladou a unha das vítimas ao hospital

O accidente produciuse contra as 8:50 horas, cando un particular informou o 112 Galicia dun accidente con posibles persoas atrapadas.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias sinalaron que había un total de tres persoas feridas.

Segundo Urxencias Sanitarias de Galicia-061, un dos feridos no sinistro faleceu.

As vítimas foron evacuadas ao hospital en ambulancia e nun helicóptero medicalizado.

A Garda Civil de Tráfico confirma que a circulación permanece cortada mentres se desenvolven os traballos dos servizos de emerxencias.

No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Brión, a Policía Local e os servizos de mantemento da estrada.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.