“Un Mazón no peto e un adagio no corazón” – Antón Luaces

30 Outubro 2025

Carlos Mazón, polo de agora presidente da comunidade valenciana, foi un dos “protagonistas” do funeral de Estado celebrado na tarde de onte na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia que presidiron os reis de España e ao que asistiron, amais de familiares das vítimas da dana que asolou varias localidades das Comunidades de Valencia e Andalucía, o presidente e  ministros do Goberno, presidente do PP e presidentes de distintas comunidades.

Pero foi Mazón quen, sen dúbida, acaparou unha atención que, ben seguro, el mesmo esperaba: Os familiares dos mortos vai un ano polas riadas amosaron de xeito máis que evidente a súa disconformidade coa presencia no acto de Mazón que, aínda que anunciara que estaría presente no mesmo, poucos esperaban que cumprira a súa promesa. E cumpriu, vaia se cumpriu!. Neste caso, para vergoña dos valenciáns. 

Había curiosidade nos arredores do lugar de celebración do acto por comprobar se Mazón cumpriría ou non a súa palabra. E cando confirmaron que así era, os chíos nas orellas do president eran de moitos decibelios a teor do que se escoitaba a través da radio e a televisión: chamáronlle de todo menos guapo. E Mazón, aparentemente imperturbable. Coma se non fose con el. Podo asegurar que sentín vergoña allea e me preguntei a min mesmo que diaño remoería o presidente nacional do PP,  Alberto Núñez Feijoo quen, ata vai pouco tempo, semellaba defender/entender o feito por Mazón o día 29 de outubro de 2024 mentres os seus concidadáns afogaban nas rúas ou nos seus propios fogares.

Que pasaría pola mente de Mazón, que esperaba que acontecera diante desa especie de desafío que formulaba tentando facer como se non pasara nada?. E, de paso, cales serían os pensamentos ao respecto de Núñez Feijoo?. 

El cant dels ocells e o adagio do Concerto de Aranjuez foron, entre outros temas musicais interpretados no funeral por membros da Orquestra de RTVE, o contrapunto á música preparada para encher os baleiros de Mazón.

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.