ULA Libraría Social (Outes) celebra o Día Contra a Polio cunha xornada de divulgación

20 Outubro 2025

A libraría ULA Libraría Social, impulsada por Maitane Vicente na Serra de Outes (na rúa da Capela), segue adiante co seu proxecto de dinamización cultural, social e ambiental que abrangue o concello e a comarca. Nesta liña encádrase unha actividade programada para este 24 de outubro (venres) para conmemorar o Día Mundial Contra a Polio, unha xornada divulgativa que contará coa presenza de Xosé María Dios Diz (médico local e impulsor das xa históricas Xornadas Sociosanitarias de Outes), Marisol Bravos López (activista social e cultural e autora do libro Unha historia de superación) e Vicente Abelleira Cambeiro (activista social e cultural de Outes).

A xornada comezará ás 19.00 horas coa proxección do documental Polio, crónica de una negligencia, dirixido por Montserrat Armengou.

A continuación, sobre as 20.15 horas, dará comezo o coloquio cos tres devanditos relatores.

Outros artigos

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.