Touriñán actuará en Ribeira o 26 de decembro co espectáculo “Aquí Tou!”

10 Outubro 2025

O 26 de decembro chegará ao Auditorio de Ribeira, por primeira vez, un dos mellores e máis recoñecidos cómicos da nosa terra: Xosé A. Touriñán co seu espectáculo Aquí Tou! da man da produtora Ainé, en colaboración coa Concellería de Cultura de Ribeira. As entradas sairán á venda en datas vindeiras a través da plataforma Ataquilla.com e tamén mediante venda presencial na Oficina de Atención Cidadá do Concello de Ribeira.

O prezo dos billetes será de 14 € (máis gastos de xestión). A función será ás 20:30 h aínda que a produtora, en función de como avance a venda das entradas, xa anunciou que baralla organizar unha segunda sesión ás 23:00 h.

Sinopse

En Aquí Tou! Touriñán fai un percorrido pola súa vida, dende a súa concepción nunha noite de San Xoán ata un posíbel epitafio. Momentos chave do seu camiño vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficción, tenrura e picardía, anécdotas propias e cultura popular galega, Touriñán lévanos da man pola súa vida cun monólogo no que conta e representa partes da súa vida, e da serie de boas e malas decisións que, xunto cos feitos casuais, levárono a ser que hoxe é.

Aquí Tou! é un espectáculo dirixido a un público amplo, se ben é certo que non está pensado para nenos, polo que podemos acoutar a idade a maiores de 12 anos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.